José Montero Reguera, actual decano en funcións da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, será o único candidato que concorrerá ás eleccións que o centro celebrará o vindeiro 21 de abril.
A dobraxe ao galego da exitosa serie animada Sonic Prime, estreada o pasado mes de decembro en Netflix, foi este xoves o fío condutor dunha mesa redonda celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución sobre á situación da dobraxe en Galicia.
O Mestrado en Matemática Industrial, que imparten conxuntamente as universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, recibiu este mediodía o recoñecemento de Máster de Excelencia da Xunta de Galicia.
Dende hoxe luns está aberto o prazo de matrícula nos 22 cursos que conforman a oitava edición do Itinerario Formativo Virtual en Xénero, unha iniciativa da Unidade de Igualdade que busca impulsar e mellorar a formación en xénero de toda a comunidade universitaria e potenciar así o obxectivo estratéxico da UVigo de converterse nun referente social en igualdade.
En agosto de 2021, un día despois da caída de Afganistán en mans do réxime talibán, a astrónoma e enxeñeira Amena Karimyan recibiu, na súa casa en Herat, un correo electrónico e unha chamada da catedrática da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel.
Catro estudantes e catro docentes serán os beneficiarios das bolsas de mobilidade financiadas polo programa de mobilidade internacional KA171-HED- Mobility of higher education students and staff supported by external policy funds.
O director científico da spin-off BFlow, Bruno K. Rodiño, visitou este xoves as instalación do Cinbio para impartir o seminario BFlow, como transferir unha idea do laboratorio ao mercado, un taller formativo de carácter práctico.
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo abre o prazo para participar na segunda edición do Premio de investigación xurídica en lingua galega Xosé Luis Franco.
Os docentes da Área de Dereito Financeiro e Tributario organizaron para este mes un novo curso no que as persoas asistentes terán a oportunidade de pórse ao día dos diferentes instrumentos normativos cos que conta a Administración Tributaria ante o reto dos novos modelos de negocio.
O curso de Advanced Trading celebrará entre mediados de febreiro e mediados de marzo a súa sexta edición. Esta formación ten como obxectivo ofrecer ao alumnado a oportunidade de ampliar coñecementos sobre o investimento bolsista mediante a aplicación das novas tecnoloxías ás transaccións nos mercados financeiros.
Os vídeos estanse a converter, cada vez máis, nunha ferramenta estratéxica no eido educativo e na divulgación científica. De feito, o Programa de Formación Permanente do Profesorado inclúe na súa oferta para o segundo cuadrimestre un curso de edición sinxela de vídeo e son e de publicación e difusión web.
Un ciclo de lingua e calidade e outro sobre xestión do multilingüismo nas aulas. Estas son as grandes novidades da oferta formativa da Área de Normalización Lingüística para o segundo cuadrimestre, un abano de posibilidades que inclúe sete cursos formativos en lingua galega.
“É un curso único, debido a que nel participan profesores de diferentes países, o que permite ofrecer unha visión do Dereito Comparado na materia de Dereito do Traballo e da Seguridade Social".