Hai uns 145 millóns de anos, no tránsito do Xurásico ao Cretácico, a península ibérica presentaba un clima relativamente seco, con condicións xeneralizadas de aridez e probablemente con cambios estacionais
Na súa tese de doutoramento, a xurista Marta Comesaña realizou unha exhaustiva análise deste dereito á protección de datos no ámbito laboral, tanto da súa evolución histórica como da súa situación actual ante retos como o dereito á desconexión dixital.
Verbas como afouteza, xoaniña, agarimo, luscofusco ou agasallo pódense ler este luns nos paneis instalados na entrada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna.
Os equipos que representan ao campus de Ourense na liga galega de xadrez disputaron esta fin de semana os encontros correspondentes á segunda xornada, acadando resultados moi desiguais.
Como cren as alumnas e alumnos da UVigo que estará a lingua en 2050? Como lle gustaría que chegase a esa data? Estas son as dúas preguntas ás que deben responder o alumnado que se anime a participar no Premio A lingua galega en 2050, unha nova iniciativa posta en marcha pola ANL.
Case dous anos despois de que a covid-19 obrigase á suspensión da competición, neste mes de febreiro retomáronse os encontros presenciais da Liga Galega de Xadrez, na que o primeiro equipo da Escola Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo encadea dous triunfos nas dúas primeiras xornadas.
Desenvolver unha ferramenta de apoio á toma de decisións na xestión sanitaria nun contexto como o provocado pola covid-19 é o obxectivo de Practicum Direct, un proxecto de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), do que forman parte o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo.
Este venres o campus de Ourense celebrou a entrega de galardóns do VI Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nesta ocasión, entre os 130 traballos visuais e literarios recibidos, a organización premiou a 12.
“O máis ambicioso da historia das universidades galegas”. Así se refería este venres o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao novo Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026, un documento asinado en Compostela entre a Xunta e as tres universidades do SUG.
Despois da pasada tempada, que rematou con resultados pouco satisfactorios, a escudaría universitaria UVigo Motorsport afronta este 2022 cun equipo moi renovado, novos folgos e un obxectivo moi claro: mellorar.
Editados por Cambrigde University Press, a presentación dos libros Wasteocene e Forces of Reproduction, dos investigadores Marco Armiero e Stefania Barca, permitirá afondar o vindeiro mércores 23 nos efectos da actividade humana sobre os ecosistemas desde dúas visións alternativas á habitual concepción do Antropoceno.
A Facultade de Educación e Traballo Social colabora co CEIP Mestre Vide de Ourense nun proxecto educativo que se está a desenvolver nunha aula de Infantil dese colexio e no que nenas e nenos traballan valores sociais a través de superheroes e superheroínas de cómic.
Seguir visualizando a figura e a obra de Rosalía de Castro é motivo central do acto de homenaxe que, o vindeiro luns ás 19.30 horas acollerá a sede da Vicerreitoría do campus e que engloba unha conferencia de Anxo Angueira e a actuación da Aula Permanente de Música Tradicional.
125 metros cadrados dedicados integramente ao fomento do emprendemento universitario. A Universidade de Vigo estreou este xoves espazo Incuvi, unhas novas instalacións que substitúen os niños de Cidade Universitaria.