“Comprender as relacións entre as sensacións físicas e as linguaxes que empregamos, entre o corpo, a súa materialidade e os procesos que median na conciencia que temos do mesmo”. Esta idea constituía o eixe central do taller Laboratorio Soma, que este mércores reuniu no Pazo da Cultura o coreógrafo Javier Martín co alumnado da Facultade de Belas Artes.
12/04/2023