Unha nova edición do curso avanzado de posgrao Didáctica da ficción e creación literaria xa está convocada. Desde o pasado día 1 de febreiro as persoas interesadas, membros ou non da comunidade universitaria, xa poden realizar a preinscrición nesta actividade que ten como obxectivo que as e os participantes melloren as súas técnicas de escrita. Para acadalo, o programa mestura formación teórica coa principalmente práctica narrativa.
16/02/2023