O Día de Rosalía, o 23 de febreiro, tense convertido ano tras ano no campus de Ourense nunha cita importante para reivindicar a lingua e a cultura galegas. Este ano, unha vez máis a comunidade universitaria unirase a esta conmemoración, posta en marcha pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, nun acto para o que xa se quecen motores coa convocatoria dun Concurso de Videopoemas Día de Rosalía de Castro.
14/02/2023