As persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) sofren unha disfunción neurolóxica que se manifesta a través dunha serie de síntomas que dificultan a comunicación e, sobre todo, as interaccións sociais e afectivas. Este trastorno adoita diagnosticarse a idades temperás e unha intervención nesta primeira etapa pode axudar a que os nenos e nenas con autismo poidan adquirir habilidades sociais que lles permitan acadar a madurez cunha inserción social adecuada.
Desde a Área de Emprego e Emprendemento e a Facultade de Dirección e Xestión Pública organizaron para o mes de novembro un ciclo de charlas coas que achegarlle ao alumnado as oportunidades de emprego ás que poden optar nas diferentes institucións, estatais e comunitarias.
Raúl Barciela Sánchez, investigador do grupo LaserON do centro de investigación Cintecx da Universidade de Vigo, acaba de ser galardoado co premio que outorga o Laser Institute of America ao mellor traballo presentado no 41 Congreso Internacional de Aplicacións dos Láseres e Electro-óptica, ICALEO’2022.
Cumieira das Letras. Así bautizou o Departamento de Filoloxía Galega e Latina o seu novo proxecto, unha revista de periodicidade anual coa que buscan dar a coñecer traballos científicos en galego sobre a lingua, literatura e cultura galegas.
O docente e investigador do Departamento de Filoloxía galega e latina da UVigo Gonzalo Navaza Blanco ingresará na Real Academia Galega como membro de número, o vindeiro 5 de novembro, nunha sesión extraordinaria que terá lugar no salón de actos da institución na Coruña.
O pobo galego sempre se sentiu parte do universo que o escritor portugués José Saramago foi tecendo ao longo das súas obras e hoxe, cando está a piques de celebrarse o centenario do seu nacemento, a Universidade de Vigo inaugurou un encontro internacional que durante catro días converterá esta cidade en centro neurálxico de estudo e debate sobre este autor.
Preto de medio cento de representantes de estudantes de 15 universidades de todo o territorio nacional participarán a vindeira semana na Universidade de Vigo no LXVII congreso da AERAAITI, a Asociación Estatal de Representantes de Alumnos de Enxeñaría de Ámbito Industrial.
A Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci), que se celebra desde o día 22 e ata o 29 de outubro, é a próxima parada do documental Donde acaba la memoria, dirixido polo docente e investigador da UVigo Pablo Romero Fresco.
Simplexpaolia prokopi, Hispanopteron romerali, Corydaloides leonensis e Mischoptera bergidensis, son os catro novos xéneros de insectos do Carbonífero Superior descritos por un grupo internacional de científicos, encabezado polo investigador do Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo) Artai Santos López.
Dolores Garza Gil, catedrática do Departamento de Economía Aplicada, foi elixida este martes nova decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias co respaldo maioritario da Xunta de Facultade do centro.
A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía ten aberto o prazo de presentación de traballos para os seus concurso de de relatos, fotografía e curtametraxes, tres iniciativas coas que a escola quere dar a coñecer as titulacións que se imparten no centro e as súas saídas profesionais así como fomentar as vocacións científicas por estas ramas.
As flutuacións medioambientais, variacións que acontecen de xeito natural na temperatura, na luz, etc. ao longo do día-noite, son determinantes á hora de predicir de forma máis precisa a natureza e a magnitude dos efectos do cambio global sobre os diferentes organismos e ecosistemas.
90%. Esta é, segundo a ONCE, a porcentaxe de mozos e mozas galegas, uns 8400, de entre 16 e 29 anos, con algún tipo de discapacidade, que non ten emprego, aínda que o 15% deles e delas está na procura activa dun posto de traballo.
Dentro do ciclo Diálogos con... do programa Leadership School, o subdirector da Fundación de Estudios de Economía Aplicada (Fedea), Ignacio Conde-Ruíz, ofrecerá este martes, 25 de outubro, unha conferencia titulada Pensiones: ¿Cómo conciliar suficiencia y sostenibilidad frente al reto demográfico?