Xa hai varios anos, a familia do que foi xeólogo e profesor do antigo Colexio Universitario de Ourense José Nespereira Iglesias doou á Facultade de Ciencias do campus de Ourense a súa colección de minerais e rochas. Despois de estar de xeito provisional no soto do edificio Politécnico, a colección foi inaugurada este venres no seu novo emprazamento, accesible ao público, e cunhas novas características expositivas que o converten nun “pequeno museo de xeoloxía único na provincia de Ourense”, tal e como se destacou na súa presentación.
11/06/2021