Diferentes profesionais vencellados ao sector marítimo-portuario participaran desde este martes e ata o vindeiro mes de maio nunha nova edición do ciclo de actividades sobre Dereito Marítimo, unha actividade impulsada pola Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo en colaboración co Consello Social da Universidade de Vigo.
No marco da súa formación práctica na materia Aproveitamentos forestais, o alumnado da Escola de Enxeñaría Forestal poderá iniciarse no manexo dunha procesadora e dun autocargador grazas ao simulador de realidade virtual que a Axencia Galega da Industria Forestal cedeu temporalmente ao centro.
Logo de catro anos nos que progresivamente foi mellorando a súa posición, a UVigo sitúase a día de hoxe, xunto á Universidad de Burgos, como a institución de educación superior máis transparente, segundo o Informe Dyntra.
O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo deulle este xoves a benvida oficial aos 105 estudantes de 2º e 3º curso do Grao de Enxeñaría Biomédica que recibirán parte da súa formación no Hospital Álvaro Cunqueiro. A presentación estivo presidida polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente.
Por segunda vez na súa historia –a primeira foi no 2009 con Edita de Lorenzo-, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación volve ter unha directora á súa fronte, a profesora Rebeca P. Díaz Redondo, quen acadou o apoio maioritario da xunta de centro nas eleccións celebradas este mércores na EET.
Apenas unhas semanas despois de presentar o informe sobre o impacto laboral da primeira onda da pandemia de covid-19 nas persoas tituladas da Universidade de Vigo, o Observatorio de Persoas Egresadas pon xa en marcha o estudo sobre as consecuencias da segunda.
Cun mes de retraso sobre o previsto no calendario académico, as clases presenciais do segundo cuadrimestre arrancaron este luns nos tres campus. Así, o alumnado das titulacións con docencia nas aulas puido regresar ás súas facultades e escolas e retomar a docencia con normalidade tras tres semanas de clases en liña.
A UVigo afianza a súa aposta pola administración electrónica acadando a emisión de 3584 certificados e máis de 22.00 xustificantes dixitais nos últimos 14 meses e activando, esta mesma semana, dúas novas solicitudes, as correspondentes aos certificados de participación en proxectos e TFG/TFM/PCF para o PDI.
A Vicerreitoría do campus de Pontevedra e a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE-Pontevedra) traballan conxuntamente no deseño de actividades que contribúan a difundir o potencial do emprendemento no eido da economía social nos ámbitos de coñecemento do Campus Crea.
Como anunciara o presidente da Xunta de Galicia a pasada semana, o alumnado universitario poderá someterse a unha proba de detección da covid-19 antes de retomar as clases presenciais o vindeiro luns 1 de marzo.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación celebrará eleccións a dirección o vindeiro mércores día 3 de marzo e farao entre as candidaturas encabezadas polos docentes do Departamento de Enxeñaría Telemática Rebeca Díaz Redondo e José Carlos López Ardao, que substituirán no cargo a Íñigo Cuiñas.
Achegar aos futuros profesionais as problemáticas xurídicas máis relevantes formuladas na actualidade no sector pesqueiro. Este é o principal obxectivo co que este martes arrancou en Vigo o obradoiro A pesca en Europa: desafíos e perspectivas 2021, cuxa docencia se prolongará ata o vindeiro mes de maio.
Estamos protexidos persoal e socialmente fronte ao control dos algoritmos? Sobre esta cuestión debaterán os equipos de alumnos de carreiras STEM que participen no I Torneo Virtual de Debate, organizado pola Liga Española de Debate Universitario (LEDU), xunto coas cátedras Telefónica.
O vicerreitor do campus, Jorge Soto, e o presidente da Aula Castelao de Filosofía, Alexandre Cendón, asinaron este luns o acordo polo que a Universidade mantén un ano máis a súa colaboración coa Semana Galega de Filosofía.
Logo da publicación do Decreto 26/2021 do 15 de febreiro da Presidencia da Xunta que modifica o 8/2021 de 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, a Reitoría fixo pública unha resolución na que adecúa a actividade docente na UVigo ás novas restricións.