3619 estudantes matriculáronse, segundo datos da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), no primeiro curso de cada un dos 52 títulos de grao ofertados este curso 2011-2012 pola Universidade de Vigo nos seus tres campus, un número que se traduce nun 91,4% de prazas cubertas do total das 3824 ofertadas. Respecto do curso pasado rexistrouse un incremento dun 3,2%, e así fronte aos 3503 matriculados en 2010-2011, neste curso acadáronse os 3619. “Bordeamos o punto de equilibrio entre oferta e demanda”, asegurou o reitor Salustiano Mato que lembrou o efecto que a adaptación a Boloña está a producir na evolución das matriculacións ao adoptarse un sistema con grupos máis pequenos que fará que “nos próximos anos o datos evolucionen á baixa a prol dunha maior eficiencia”.
07/11/2011