O interese polo aforro e a eficiencia enerxética como medio para reducir custes, mellorar a seguridade de subministro e diminuír as emisións é cada vez maior nos países avanzados. En España, camiñar cara a senda marcada pola Unión Europea suporía un aforro de entre o 1,5 e o 3,5% do PIB estatal, como recollía un estudo de Economics for Energy que agora ten continuidade no informe Potencial económico de redución da demanda de enerxía en España, que por primeira vez fai unha estimación dos potenciais e do que custa conseguir unha rebaixa na demanda de enerxía a nivel estatal. “O estudo parte da necesidade de xestionar ben os recursos escasos, máis nun contexto como o actual”, asegurou un dos directores da entidade e profesor da Universidade de Vigo, Xavier Labandeira. Sen aplicar medidas adicionais, en 2030 o consumo situaríase preto dos niveis de 2010, un 26% da demanda prevista.
29/11/2011