A 140 Km da costa e 1700 metros de profundidade, moi preto de onde se atopa o pecio do Prestige, os fondos mariños agochan un orificio de catro quilómetros de diámetro e 300 metros de fondo, coñecido como Gran Burato, “a estrutura deste tipo máis grande do mundo”, tal como se refire a ela o catedrático Daniel Rey, coordinador xunto á catedrática Belén Rubio, da denominada Misión Galega do Gran Burato, unha expedición financiada pola Xunta de Galicia que partirá na segunda quincena de outubro coa misión de estudar en detalle a zona e realizar “unha radiografía” que arroxará luz sobre a existencia ou non de hidratos de gas, un tipo de hidrocarburo que se albisca como fonte alternativa de enerxía.
Liderada pola Universidade de Vigo, a campaña estará composta por un equipo de arredor de 20 investigadores nos que se inclúen membros da Universidade de Aveiro, do IEO e do Instituto Andaluz de Ciencias da Terra.
22/09/2010