Medidas da corrente superficial na ría, en tempo real e cunha resolución espacial duns 300 metros. Iso é o que son capaces de medir os dous radares de alta frecuencia que o Grupo de Oceanografía Física da Universidade de Vigo, Gofuvi, instalou fai xa un ano, un sistema pioneiro en España que emprega por primeira vez este tipo de resolución e capaz de medir correntes a escala na ría de Vigo. Unha ferramenta “de gran potencial para a xestión sostible do litoral” que reforza de xeito significativo a capacidade de observación oceanográfica ao debuxar mapas que non só determinan as traxectorias de posibles flotantes, senón que, en combinación con modelos e datos meteorolóxicos, “son extremadamente relevantes para o prognóstico e a comprensión dos procesos costeiros”, explica José González, membro de Gofuvi.
01/09/2011