Os científicos máis relevantes do panorama internacional danse cita hoxe en Vigo para compartir avances e perspectivas da filoxenómica, a disciplina que se encarga do estudo do xenoma desde unha perspectiva evolutiva. A Computional and Statistical Phylogenomics Meeting que durante toda a xornada se celebra no Centro Social Caixanova, é unha iniciativa do Grupo de Filoxenómica da Universidade de Vigo que dirixe o catedrático David Posada. Procedentes na súa maior parte de EEUU, así como de Australia, Bélxica, Francia, Suecia, Canadá, Alemaña, Reino Unido e España, os científicos que participan no encontro, ademais de compartir os avances que se teñen rexistrado no ámbito da filoxenómica, abordarán as perspectivas cara á identificación de posibles solucións aos problemas que se se lles presentan.
13/09/2012