Con aliados ao outro lado do océano Atlántico, o Campus do Mar afianza a súa proxección internacional e estende o seu radio de acción tanto no eido científico como académico. O último dos aliados que se unen a este proxecto é a Organización do Sector Pesqueiro e Acuícola do Istmo Centroamericano, Ospesca, co que se asinou este venres un convenio marco de colaboración. A sinatura, a través de videoconferencia, coincidiu coa celebración en Nicaragua dunha xuntanza de viceministros e directores xerais de pesca dos países centroamericanos. Por parte da Universidade, foi o reitor, Salustiano Mato, o encargado de rubricar este acordo, mentres por parte do organismo latinoamericano, asinou Steadman Fagot Muller.
20/08/2012