O grupo de investigación Sonitum confirma unha vez máis a súa traxectoria ascendente, desta volva, co Premio á Mellor Aplicación TIC que outorga o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. O valedor deste galardón é software SONArchitect comercializado pola spin-off SON (Sound of Numbers), xurdida do traballo deste grupo de investigadores da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación. Os membros de grupo reciben así unha vez máis un recoñecemento ao traballo ben feito, despois de volver o pasado mes de Euronoise 2009, o congreso europeo máis importante sobre acústica, no que representaban a España, xunto con Sonen, Centro de Acústica e Servizos de Telecomunicacións
20/11/2009