A fase de ascenso á División de Honra está a un so partido, o do vindeiro domingo ante o Barcelona, despois de que o Iveco Universidade de Vigo lograse unha contundente vitoria ante o Uribealdea por 0-62, con 10 ensaios apoiados aos que se sumaron seis conversións e conseguiron un punto bonus. O resultado final, aínda que contundente, non reflicte a oposición realizada polo equipo vasco, que “non baixou os brazos en ningún momento”, asegura Miguel Ángel Martínez, directivo do clube. “Era un encontro clave, ante un rival frouxo, pero o partido hai que xogalo e eles son un equipo que sempre da batalla”, recoñece.
24/01/2011