Cun investimento de 2 millóns 800.800 euros e a previsión de que entren en servizo durante o vindeiro curso 2010-2011, a Universidade de Vigo está a desenvolver o proceso para a construción das tres escolas infantís proxectadas nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra. As escolas impulsadas a través das vicerreitorías de Planificación, de Ourense e Pontevedra e da Área de Igualdade da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes, porán a disposición da comunidade universitaria preto de 200 prazas de educación infantil coas que se pretende favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, así como, segundo explica José Cidrás, vicerreitor de Planificación “ofrecer un valor engadido á oferta académica e investigadora que fagan a Universidade de Vigo aínda máis atractiva”.
12/04/2010