O equipo universitario de taekwondo adéstrase a fondo ante a proximidade do I Campionato Europeo Universitario que terá lugar en Braga os días 10, 11 e 12 de decembro. Neste torneo, organizado pola Asociación Europea de Deporte Universitario (EUSA), daranse cita 98 atletas representando 21 universidades de oito países, entre os que se atopa a selección universitaria viguesa dirixida por Salvador Fontán, quen ten unha visión moi positiva cara a vindeira competición e confía plenamente nos integrantes do conxunto universitario, entre os que se atopan Rebeca Mariño, que vén de participar recentemente no Mundial Absoluto de Copenhague e Bruno García, subcampión do mundo universitario, que serán os representantes da Universidade na categoría galo.
03/12/2009