O profesor do Departamento de Enxeñaría Eléctrica, Xosé Manuel López Fernández vén de converterse no primeiro representante español do Transformers Committe do IEEE - PES, Institute of Electrical and Electronics Engineers – Power & Energy Society, a maior asociación profesional do mundo dedicada ao eido da enxeñaría eléctrica e electrónica fundada en 1884 por personalidades da talla de Tomas Alva Edison. Membro do denominado Comité de Transformadores, López Fernández, admite que chegar a formar parte desta institución non foi doado, pero, unha vez acadado, “supón unha enorme satisfacción”, xa que reflicte o traballo levado a cabo durante moito tempo de colaboración, no que houbo habituais viaxes a diferentes reunión internacionais, a última en San Diego, onde recibiu a invitación a converterse en Membro do Comité de Transformadores do IEEE-PES.
07/06/2011