No marco dunha crecente demanda de bebidas con compoñentes funcionais activos, o quefir sitúase como “unha excelente fonte de probióticos, con potenciais efectos beneficiosos para a saúde”. Usualmente feito a partir de leite, nos últimos anos tense probado o uso de outros substratos para a súa produción. Na súa tese de doutoramento, a investigadora peruana Delicia Liliana Bazán empregou con bos resultados o uso de zume de kiwi e de uvas de mesa para a realización de bebidas de quefir sen leite.
08/03/2021