Cumprir 25 anos é sempre un acontecemento. Nunha persoa equivalen a entrar de cheo na etapa adulta. Nunha parella constitúen un fito de consolidación. Nunha institución equivalen a toda unha historia chea de feitos e protagonistas. É o caso da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, que este curso cumpre 25 anos. Un cuarto de século que permitiu ao centro nacer, medrar, transformarse, consolidarse e continuar medrando. Cada un dos responsables de lideralo ao longo deste tempo, Antonio Vaamonde, Dolores Rivero, José Antonio Fraiz, Luis García, Carlos Salgueiro, Terencia Silva, José Antonio Fraiz, Jesús Vázquez, José Carlos Yáñez e Elisa Alén, leva consigo un pouco da historia deses 25 anos. Este venres 8 de abril, o centro acollerá o acto oficial de aniversario.
04/04/2011