O profesor do Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, Lorenzo Pastrana, foi nomeado no último Consello de Goberno, director da Área de Programas de Transferencia, creada recentemente en substitución da de Políticas de I+D, cuxas tarefas pasaron a ser asumidas directamente pola vicerreitora.
Referente no ámbito da Biotecnoloxía Alimentaria e Ambiental, Pastrana foi durante varios anos vicedecano da Facultade de Ciencias de Ourense, dende onde pasou a ocupar a dirección do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación, CITI, cargo que mantivo ata a actualidade.
05/05/2009