Eva Abal, Adrián Fernández, Conchi Pardiñas e Loli Pazos son catro dos estudantes da Universidade de Vigo que este ano se animaron a coller rumbo cara outros países europeos dentro do programa Erasmus Prácticas. Esta iniciativa, da que a Universidade forma parte dende o pasado ano, segue a senda dos obxectivos do EEES de fomento da mobilidade de estudantes, pero abrindo unha nova porta para estadías de prácticas pre-profesionais. A grande innovación deste programa con respecto ao Erasmus tradicional é a implicación activa dos interesados, xa que eles son os encargados de buscar a empresa que os acolla. Segundo explica o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, “o máis importante desta convocatoria é que os nosos estudantes teñen a oportunidade de coñecer outras culturas, para valorar tamén o que temos aquí, o propio”.
20/10/2009