A Universidade de Vigo fíxose eco da gran sensibilidade social e política que as cuestións marítimas espertan na súa contorna, fomentando a formación e a investigación en temas relacionados co mar. Neste senso, dentro do proceso de converxencia ao Espazo Europeo de Educación Superior, preséntase o Máster en Economía e Xestión do Medio Mariño e os Recursos Pesqueiros, impartido xa durante os últimos catro anos na Facultade de Ciencias Empresariais e Económicas, centro ao que agora se une a Facultade de Ciencias do Mar.
O catedrático Manuel Varela, coordinador do máster xunto co profesor Bernardino González, e José Antonio Suárez-Llanos, xerente adxunto da Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI), deron a coñecer esta mañá, na sede desta entidade colaboradora, a nova titulación.
23/07/2009