2559 son, a día hoxe, os estudantes de primeiro curso matriculados por primeira vez nas titulacións sen límite de prazas da Universidade Vigo, unha cifra que segundo confirmou hoxe o reitor Alberto Gago no seu informe ao Consello de Goberno, supón un 3% de incremento respecto do curso anterior. En canto á matrícula rexistrada nos mestrados elévase a 1318, mentres que o número de preinscritos no Mestrado para o profesorado de educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas, o antigo CAP, é de 550.
Na sesión celebrada hoxe aprobouse por asentimento rexeitar cadanseu recurso presentado polos profesores Humberto Michinel, Claudio Cerdeiriña, Diego González e Daniele Tomasini, contra acordos adoptados pola Xunta de Centro da Facultade de Ciencias de Ourense en relación coa transformación da licenciatura de Física.
30/09/2009