Co Pacífico ao oeste, o Atlántico ao leste e o Ártico ao norte, Canadá está irremediablemente unido como país ao océano, á cultura do mar que o impregna todo, a arte, a literatura, o pensamento e os movementos políticos e sociais. A pesar dos miles de quilómetros que as separan, Canadá non é tan diferente de Galicia neste apego ao eido mariño. Estas analoxías son as que analizan e sobre as que debaten 30 expertos de universidades canadenses e europeas ao abeiro co congreso Canada and Beyond II: From Sea to Sea to Sea and Beyond, organizado pola profesora da Universidade de Vigo, Belén Martín Lucas e Pilar Cuder, da Universidade de Huelva. Tras unha primeira edición en Huelva en 2010, este simposio ten como obxectivo, como explica Martín Lucas, “debater a relación de Canadá cos seus mares no contexto dos discursos dos nacionalismos canadenses".
25/06/2012