Incrementar a precisión do software SONarchitect, unha ferramenta de predición do illamento acústico en edificios, producida pola compañía Sound of Numbers, spin-off da Universidade de Vigo, foi o punto de partida da tese de Alfonso Rodríguez Molares, que na súa investigación aplicou o método Monte Carlo para estudar a variabilidade de certos fenómenos acústicos. Este método, proposto en 1946 polo científico polaco Stanis?aw Ulam, no marco do proxecto Manhattan, no que se desenvolveron as primeiras armas termonucleares, basease nunha idea extremadamente sinxela, nas mostraxes repetitivas e aleatorias de procesos simulados mediante ordenador. Dirixida por Manuel A. Sobreira, esta tese ten tras de si decenas de millóns de simulacións, parte delas levadas a cabo no CESGA.
11/05/2011