Coñecer outros lugares, xente diferente, culturas diversas e, sobre todo, aprender un idioma son os obxectivos dos 104 estudantes do campus que solicitaron formar parte do programa Erasmus no vindeiro curso.
Teñen que presentar toda a documentación antes do mes de xullo, polo que a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) está realizado unha rolda de reunións para explicarlles todos os trámites pertinentes, darlles consellos e trazar unha folla de ruta ata a súa partida. Hoxe foi a quenda do alumnado pontevedrés, que mantivo unha xuntanza coa responsable da ORI, Amalia Rodríguez, e os coordinadores das diferentes facultades e escolas na EUET Forestal.
25/05/2010