Xa está todo listo para a celebración do torneo Intercampus 2010, que este ano organiza o campus de Pontevedra, a través do seu Servizo de Deportes, e que poñerá o punto final ás Ligas Universitarias nas que participan anualmente ao redor de 3.500 estudantes. O vindeiro xoves día 11, os mellores equipos dos tres campus enfrontaranse polo trofeo que os proclamará campións universitarios e que lles dará o pase ao Campionato Galego de Deportes Colectivos. Nunha intensa xornada, de 10.00 a 18.00 horas, disputaranse simultaneamente os partidos das sete modalidades da competición: baloncesto feminino e masculino, balonmán masculino, fútbol sala feminino e masculino, fútbol masculino e voleibol masculino.
05/02/2010