“Un deportista que non teña unha alimentación adecuada, nunca terá éxito”. Así de contundente se mostra Jesús Bernardo García, médico nutricionista do Comité Olímpico Español, sobre a importancia da dieta nos programas de adestramento deportivo. Convidado ao IV Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e da Educación Física, que se inaugurou este xoves da man do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e de José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, Bernardo García denuncia unha falta de formación dos profesionais deportivos no eido da alimentación “sen decatarse de que unha correcta nutrición supón o 50% dos triunfos”. No discurso de apertura, Víctor Arufe, un dos principais organizadores, fixo fincapé na gran produción científica do congreso “batendo récords con máis de 200 traballos de investigación”.
10/05/2012