O Escola de Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo-Estratexia pola Paz sumou esta fin de semana na casa do Padrón-A unha nova vitoria na División de Honra do xadrez galego, a sexta que suma de xeito consecutivo. Mais fíxoo nunha xornada na que viu como se reducían as súas posibilidades de repetir o título logrado a pasada tempada, xa ao que o seu triunfo pola mínima fronte ao conxunto padronés (2,5-3,5) sumouse a ampla vitoria acadada polo líder da categoría, o USC (5,5-0,5), o que deixa aos pontevedreses a catro puntos do primeiro posto na semana previa ao seu enfrontamento directo.
16/04/2018