Porque hai oportunidades laborais máis aló da organización de eventos para fútbol, baloncesto, fórmula 1 ou motociclismo, a quinta edición das Xornadas da Comunicación e do Deporte centrarase este ano na promoción de aqueles “deportes que non son deportes”. Durante o 24 e 25 de outubro, o alumnado do campus de Pontevedra coñecerá da man de profesionais do sector, de asociacións e federacións “as principais claves para xestionar e organizar actividades deportivas que moita xente non considera como tal, caso do futbolín, caza, pesca ou bridge”, explica Ana Belén Fernández Souto, coordinadora das xornadas.
17/10/2011