“Co humor pódense facer cousas moi serias”, salienta o profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Oswaldo García, un dos impulsores xunto co docente de Ciencias da Educación e do Deporte Roberto Barcala e o pediatra e profesor da Universidade de Santiago de Compostela Antonio Rodríguez Nuñez, dun proxecto interdisciplinar que busca unir a ficción audiovisual e a divulgación científica. Así o veñen de demostrar con Amor anafiláctico, un vídeo protagonizado polo actor David Perdomo, que encarna nesta curta a súa personaxe do Koruño, para dar a coñecer, a través do humor, como actuar ante unha crise anafiláctica.
15/05/2015