Desde este presente curso, todos os titulados e tituladas que queiran especializarse ou afondar no mundo do audiovisual, atopan no Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais unha boa opción para conseguir unha formación completa e adaptada ao panorama do audiovisual en Galicia. A coordinadora do mestrado, Anna Amorós, salienta a innovación que supón a súa implantación porque “é un mestrado completo, que por si só inclúe todo o proceso dun contido audiovisual”, ademais de ter no seu equipo docente a profesionais recoñecidos, os que “non só se dedican ao audiovisual, senón que, cada un está recoñecido como guionista, director e produtor”.
24/01/2011