A situación económica actual están tendo fortes repercusións nos medios de comunicación e para analizar esta viraxe e achegar posibles estratexias a Universidad Internacional Menéndez Pelayo, en colaboración coas universidades de Vigo e A Coruña, o Ministerio de Educación e as deputacións da Coruña e Pontevedra, propón un encontro, que se celebrará os vindeiros días 21 e 22 de setembro no Mosteiro de Aciveiro. Ademais de analizar como o contexto económico está incidindo nestas empresas informativas, a cita servirá segundo indica o seu director, o catedrático de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé López, “para reflexionar sobre o tipo de información que están dando os medios sobre a propia crise e como esta situación acelera ou non a reconfiguración do escenario mediático”.
10/09/2009