O Centro Universitario da Defensa (CUD) afronta o vindeiro curso o reto de adaptar os estudos da Escola Naval Militar de Marín ao Espazo Europeo de Educación Superior. Un total de 80 persoas comezarán o novo Grao de Enxeñaría Mecánica, polo que ao remate dos estudos terán dous títulos, o de oficiais da Armada e un universitario que os capacita tamén para exercer na sociedade civil no caso de pedir a baixa na vida militar. José María Pousada, director do CUD, e José María Núñez, xefe de estudos da Escola Naval Militar, achegan nesta entrevista as especificidades desta titulación e deste centro, que malia estar adscrito á Universidade de Vigo, ten un sistema de acceso ao grao diferente, unha duración dos estudos maior, unha especialidade de seu e mesmo un calendario propio.
01/06/2010