“Unir e Organizar, Organizar e Loitar, Loitar e Vencer”. Este era o lema de Erga, xermolo dos antigos CAF, e é o título elixido agora polos actuais Comités de Ourense para celebrar as súas I Xornadas do Estudantado Galego. Desde o luns 21 de febreiro e durante seis días, diferentes expertos abordarán temas como o asociacionismo estudantil, a problemática lingüística, o feminismo e aspectos da historia do nacionalismo galego. “As xornadas nacen como un espazo de debate e promoción da cultura galega” explica Iago Gómez, responsable dos Comités de Ourense e coordinador do encontro.
18/02/2011