Escavar na terra, afondar nos segredos do pasado e descubrir misterios agochados durante anos é o que sempre nos imaxinamos se pensamos na arqueoloxía, pero na realidade esta disciplina abrangue máis cousas e, por iso, coa idea de amosar o que supón verdadeiramente esta profesión, dende a delegación de alumnos de Historia, organízanse, por segundo ano consecutivo, as Jornadas arqueológicas que se celebrarán no Edificio de Ferro os días 29 e 30 de abril. O seu obxectivo, segundo explica Marta Lorena Alonso, membro da organización, “é amosar e demostrar que a profesión de arqueólogo é unha realidade tanxible”.
24/04/2009