Eran mulleres maioritariamente solteiras, que traballaban ocupando cargos institucionais, que se relacionaban no seu traballo con homes, que viaxaban e sobre todo que incumprían o ideal de muller, “perfecta raíña da casa”, que elas mesmas querían crear na sociedade. Eran as afiliadas á chamada Sección Feminina da Falanxe, que desde 1934 e ata o fin do franquismo formaban e educaban ás mulleres no ideario do réxime. A investigadora Ana Cebreiros estuda a historia desta organización en Galicia, nada a imitación doutros estados fascistas europeos para “reconducir o modo de ser e vivir” das mulleres.
21/06/2012