Debido ao fenómeno da globalización mundial, Europa e España atópanse inmersas na percepción de que é preciso contar cunha lingua franca única, unha lingua vehicular, que nos permita achegarnos a outras culturas pero que, dende logo, non favorece nin a cohesión social nin a interculturalidade. Co obxecto de afondar nesta situación e ofrecer novos puntos de vista, o Edificio de Ferro acolle este mércores día 4 ás 19.00 horas no salón de graos o relatorio de José Manuel Vez, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que falará do Ensino de linguas para a cohesión social.
04/03/2009