Despois de encher os escenarios de Ourense co mellor teatro universitario e profesional, a 16ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense baixou o pano este venres. Foron 15 día de representacións, cine, conferencias e actividades de rúa que conseguiron chegar a preto de 10.000 persoas. Para pechar a súa edición máis exitosa, e a máis internacional, a mostra entregou os seus galardóns. Os premiados nesta edición foron a actriz Marisa Calvo, a Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, Teatr`ubi, Ymedioteatro e a Aula de Teatro da Universidade de Zaragoza.
15/04/2011