Unha experiencia “innovadora, gratificante e moi positiva”. Así cualifica o alumnado da materia de Orientación Profesional, no 5º curso da titulación de Psicopedagoxía da Facultade de Ciencias da Educación, os coñecementos adquiridos na disciplina da man da súa profesora, Margarita Valcarce, que lles ensinou a aplicar as novas tecnoloxías da información e a Comunicación (TICs) na aula. Os preto de 60 estudantes da disciplina elaboraron 9 blogs con información de utilidade para o estudantado da ESO, dende as saídas académicas e laborais ata orientación, guías e outros recursos web que lles poden ser de utilidade.
16/06/2010