Este martes a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolleu a primeira xuntanza de traballo da rede estatal AI4PolypNet, creada para mellorar os sistemas de detección e de diagnose de cancro colorrectal empregando intelixencia artificial.
Desde este luns e ata o sábado 20, un equipo liderado desde o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo desenvolve unha intervención arqueolóxica no abrigo de Peña Piñera, en León.
Este xoves pola tarde arrancou a 29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu) e fíxoo coa estrea no centro da cidade do espectáculo de rúa Operación rescate, da aula de teatro do campus de Ourense Rosaura.
A convocatoria de axudas a grupos de investigación do campus de Ourense Inou-Campus Auga, feita pola Universidade de Vigo con financiamento da Deputación de Ourense, xa ten proxectos gañadores.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo acolle este xoves e venres, 11 e 12 de abril a celebración do IV PRICIT Doctoral Workshop. Nela abordaranse temas de actualidade en eidos como a contabilidade, a auditoría ou o control de xestión.
Un equipo do grupo Environmental Physics Laboratory (EphysLab), do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, está a desenvolver o proxecto estatal Setestrelo. Ao seu abeiro realizan unha avaliación en alta resolución do transporte de humidade no Atlántico norte.
O edificio Politécnico do campus de Ourense acolle estes días a mostra O herbario de Rosalía. Nela pódense ver fotografías dunha selección das herbas, plantas e árbores citadas pola escritora galega ao longo da súa obra.
Este venres celebrouse no campus de Ourense a clausura e entrega de diplomas do XII Curso de Intervención Socioeducativa con Persoas Afectadas pola Enfermidade de Alzhéimer.
O campus de Ourense acolle este xoves a celebración das XXI Xornadas Interxeracionais. Nelas, máis de 150 persoas de idades e capacidades diversas conviven e estreitan lazos a través de actividades lúdicas.
Do 11 de abril ao 9 de maio, a cidade de Ourense acolle a celebración da 29ª Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (Miteu), que contará con 23 espectáculos.
Arredor de medio centenar de persoas participa esta semana na Universidade de Vigo na primeira xuntanza en Europa do proxecto Ibero4Jobs. A iniciativa reúne a especialistas de universidades e organismos de Colombia, México, Portugal e España.
A Universidade de Vigo participa nun proxecto coas universidades de Oviedo e Leicester (Reino Unido) para o desenvolvemento de sistemas de potencia para vehículos ambulantes non tripulados (máis coñecidos como ‘rovers lunares’) combinando paneis solares, baterías e xeradores termoeléctricos de radioisótopos.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), presentou este luns en Santiago de Compostela o seu Informe de conxuntura socioeconómica 1/2024.
Jesús de Juana, catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, acaba de presentar unha nova publicación, que leva por título Breve biografía de Ruiz de Padrón (1757-1823).
Ao longo desta semana, diferentes espazos de uso común do Edificio de Ferro foron acollendo a exposición de instalacións artísticas realizadas por alumnado de terceiro curso do Grao de Educación Infantil, que se imparte na Facultade de Educación e Traballo Social do campus.