“Unha reflexión sobre a necesidade de facer xustiza ou, polo menos, de recoñecer a verdade, de perder o medo, de confesar e de aceptar quen somos e de onde vimos”. Así define o actor e dramaturgo salvadoreño René Lovo a obra El secreto más terrible, que se representa este martes no Teatro Principal da cidade co gallo da celebración da 15ª Mostra Internacional de Teatro Universitario, MITEU. Tamén se proxectará o documental La vida loca, dirixido por Christian Poveda e que amosa a realidade das maras salvadoreñas.
19/04/2010