PEDRA, o Festival de Saberes, é unha iniciativa que xunta “arqueoloxía experimental, música, danza e gastronomía na procura dun futuro para o rural”. Organizado pola asociación A Bela Auria e a Universidade de Vigo co apoio do Xacobeo e a Deputación de Ourense, o certame celebra esta fin de semana a súa segunda edición co obxectivo de continuar ampliando redes en prol da dinamización do rural.
01/09/2022