As dúas candidaturas aspirantes a tomar as rendas da Universidade de Vigo nas eleccións do 20 de maio iniciaron a súa campaña electoral no campus facendo un chamamento á participación de estudantes, docentes, persoal investigador e de administración e servizos no proceso. O candidato a reitor por Nova Universidade, Jaime Cabeza, mantivo distintas reunións cos colectivos do campus,mentres que as candidatas a vicerreitora de Alternativa Universitaria, María Lameiras, Mª Victoria Jato e Asunción Longo aproveitaron a xornada para pegar carteis nas facultades.
06/05/2010