Máis aló do académico, os estudantes teñen cada vez máis presente a necesidade de realizar bolsas de prácticas pre-profesionais que completen a súa formación para inserirse no mercado laboral. Para isto a Universidade ten asinados “preto de 10000 convenios con empresas e institucións para a realización destas bolsas”, segundo explica o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area. A valoración deste primeiro achegamento ao mundo laboral é moi positiva, e os estudantes da Universidade que realizaron estas prácticas o pasado curso 2008/2009 cualifican esta experiencia con máis dun 8,6 de media. En xeral, o mellor valorado polos 298 bolseiros que realizaron esta enquisa de satisfacción é a formación adquirida, á que os estudantes do campus de Vigo lle dan un 8,77, os de Ourense un 8,75 e os de Pontevedra un 8,11.
04/12/2009