A noción de gráfica contemporánea expándese hoxe moito máis aló da posibilidade de xerar unha obra con varias copias, englobando un conxunto de procesos e posibilidades respecto das que 13 artistas propoñen unha reflexión, en forma precisamente de obra gráfica, na última publicación do grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes
A Vicerreitoría do campus de Ourense presentou este venres o novo catálogo da Sala Alterarte, que recolle as mostras do ciclo expositivo Activar a mirada, des-ordenar o pensamento que se desenvolveu neste espazo expositivo nos cursos 2021/2022 e 2022/2023 baixo a coordinación de Sara Donoso.
Integrantes da ONG Project Net, que coordina en diferentes cidades de Letonia un proxecto de universidade sénior, participaron este xoves na Facultade de Comunicación nunha sesión formativa sobre creación de podcasts, inserida nas actividades dun proxecto Erasmus+ co que buscan pór en marcha unha "radio sénior".
O pasado mes de agosto as administracións provincial, autonómica e estatal crearon a Mesa Termal de Ourense, unha unidade de coordinación para impulsar a ampliación e a sostibilidade do sector termal na provincia.
Desde este xoves e ata 1 de marzo pode visitarse na Sala Alterarte, situada no pavillón Concepción Pérez Amat do campus de Ourense, a mostra Tótems, con obra do colectivo Nova Escultura Galega.
Pasión por la educación. Poucas veces o título dun libro resume con tanta precisión a vida do seu autor, neste caso Francisco Michavila, reitor honorario da Universitat Jaume I e testemuña de excepción da evolución que experimentou nos últimos decenios a educación universitaria en España. A obra presentouse este mércores no edificio Redeiras.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
O campus de Ourense abriu este martes as súas portas a 400 estudantes preuniversitarios procedentes de centros educativos da provincia e de Monforte de Lemos. Ao longo da mañá, rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man as instalacións e titulacións.
A programación de rutas culturais da Universidade de Vigo xa está en marcha. Este cuadrimestre serán seis as andainas que se celebrarán desde o 27 de febreiro ao 20 de abril.
Este xoves, 18 de xaneiro, ás 20.00 h o grupo teatral do Programa Universitario de Maiores de Ourense, chamado Teatro Entrebambalinas, estreará no Teatro Principal da cidade a súa nova produción, a obra Que viva o duque!
A Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) do campus de Ourense recibiu este xoves pola tarde a visita de arredor de 40 estudantes da Escola Profissional de Trancoso (Guarda, Portugal), acompañados de docentes dese centro.
A Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acollerá o sábado 3 de febreiro a celebración da Olimpíada Informática Galega 2024 (OIG 2024).
No curso 2018-2019 botou a andar na Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro do campus de Ourense o seu club de lectura, chamado A Comarca en referencia ás novelas O hobbit e O señor dos aneis de J.R.R. Tolkien.
Xa está aberta no CampusActivo da UVigo a matrícula para os cursos do segundo cuadrimestre de e-Destrezas, o programa de formación orientado ao desenvolvemento e á mellora de competencias dixitais do alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos.
A empresa CIE-Galfor, radicada no Polígono de San Cibrao das Viñas, doou á Facultade de Ciencias do campus de Ourense dous robots KUKA TC300 para o seu uso nas prácticas do alumnado do Grao de Enxeñaría Agraria que se imparte neste centro.