O proxecto de Campus do Mar co que a Universidade concorrerá en pouco máis dun mes á convocatoria de Campus de Excelencia Internacional do Ministerio de Educación recibiu este xoves o respaldo do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director xeral, Enrique Tortosa, quen, tras reunirse co reitor deu as grazas “pola oportunidade de participar nun proxecto tan importante para a investigación, a docencia, para Galicia e tamén para España”.
A presentación do proxecto terá lugar a finais de marzo e, para entón, Gago destacou a importancia de poder contar co apoio definitivo da Xunta de Galicia a través da cesión dos terreos para a futura localización do campus. “Non é o mesmo unha carta de apoio a que a Xunta asuma o interese estratéxico dun proxecto destas características e se poña ao fronte coa cesión da superficie na antiga Escola de Transmisións e Electrónica, ETEA”, subliñou o reitor.
25/02/2010