Non é a primeira vez para eles, o seu interese pola ciencia e a tecnoloxía volveu traer aos nenos e nenas do colexio Escultor Acuña ao campus. No mes de abril achegáronse á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para coñecer de preto o picosatélite XaTcobeo e fixérono a petición propia. O bo sabor de boca que lles quedou serviu para que repetisen visita, desta volta para achegarse ao traballo realizado por diversos grupos de investigación do campus.
36 cativos de 6º de primaria percorreron os laboratorios de Física Aplicada e, da man do investigador da Universidade, Pío González, puideron ver experimentos sobre corrente electromagnética, imáns, microondas, creación de motores con pilas, etc.
25/05/2012